O concello de Xinzo fará tamén alegacións ao parque eólico da serra do Larouco
20:54 10/01/22
20:54 10/01/22
Afecta nun percorrido de 1Km que pertence ao concello de Xinzo
Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo acaba de comunicar que mañá pola mañá os técnicos do concello poranse a preparar as alegacións as dúas instalacións que se levarán a cabo nos concellos de Baltar e Xinzo.
Parte da liña de evacuación electrica afecta en 1Km a terreos pertencentes ao noso concello. Pero o que está claro , continúa dicindo Elvira Lama, que o que afecte ao impacto medioambiental, paisaxistico e sobre todo deportivo, neste caso ao concello de Baltar, tamén impacta na Limia e polo tanto a Xinzo.