O concello de Xinzo necesita tres condutores de motobombas

5-autobomba-forestal-galicia-medium
O concello de Xinzo necesita tres condutores de motobombas
A duración do contrato será de tres meses, para reforzar a loita contraincendios

Reforzar a loita contra os incendios forestais é unha prioridade para o Concello de Xinzo, que lanza un proceso de contratación de tres oficiais de primeira condutores de motobomba, dada a urxencia de cubrir os postos mediante os correspondentes contratos laborais de obra e servizos. Deste xeito darase cumprimento ao convenio subscrito entre a Consellería de Medio Rural e a administración local para a prevención dos lumes. A duración dos contratos será de tres meses.

Os interesados deberán ter en conta os seguintes requisitos: Ter a nacionalidade española; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas; ter cumpridos os dezaseis anos; non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións; posuír o graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulación equivalente a efectos laborais e estar en posesión do carné de conducir B e C.

Os méritos baremados serán os seguintes:

-Por cada mes como desempregado: 0,01 puntos cun máximo de 2 puntos.

-Por persoa ou persoas a cargo, menores de 21 anos (sen ingresos) ou maiores de 60 anos (con ingresos menores ao 75% do SMI) que convivan no enderezo do solicitante, cun mínimo de seis meses de convivencia: 1 punto.

-Por minusvalidez do solicitante compatíbel co posto de traballo, igual ou superior ao 33%: 1 punto.

-Por minusvalidez, igual ou superior ao 65%, dalgunha das persoas que vivan ao seu cargo, con ingresos inferiores ao 75% do SMI, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, cun mínimo de 6 meses de convivencia: 0,5 puntos.

-Por ter sido declarado o solicitante vítima dunha agresión constitutiva dun ilícito penal de violencia doméstica ou de xénero nos 5 anos anteriores a esta convocatoria: 0,5 puntos.

-Por tratarse do primeiro emprego: 1 punto.

En canto á experiencia profesional:

-Por cada mes de servizos prestados nas Administracións públicas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría e nos últimos catro anos: 015 puntos por mes.

-Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría e referidos aos últimos catro anos: 0,10 puntos por mes.

Tamén puntuaranse os méritos académicos, tendo en conta a duración dos cursos de formación, así como o coñecemento acreditado do idioma galego