O Concello de Xinzo saldou onte as súas contas do ano 2013

concello de xinzo
O Concello de Xinzo saldou onte as súas contas do ano 2013

Xinzo era o único concello que aínda non había cumprido con este trámite e non podía solicitar subvencións da Xunta

Tras cinco meses de demora, onte tivo lugar unha sesión extraordinaria na que, o único punto do día, correspondíase a aprobación das contas do Concello de Xinzo, correspondentes ao ano 2013. O pleno non durou moito máis de tres minutos. Os grupos solo se limitaron a votar, no caso no PP a favor e a oposición decatouse pola abstención.

O Concello de Xinzo era o único que non rendeu contas anualmente ante un órgano fiscalizador independente, como ten a obrigación. O Concello de Contas establece uns prazos para que os concellos cumpran este trámite e, se non se cumpre, o goberno galego non concede subvencións posto que introduxo unha lei de modificación legal que o prohibe.

Sen embargo, Xinzo suele atrasarse ano tras ano, aínda que nunca como neste 2015. Na súa defensa, o alcalde Antonio Pérez, culpa da demora a falta de persoal cualificado. Por esta razón, a recente incorporación dun interventor deu o impulso definitivo para saír da lista negra saldando as contas do 2013.