Concentración “manifestación” da CIG o 14 en Xinzo

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
Concentración “manifestación” da CIG o 14 en Xinzo

Participarán traballadores e traballadoras do Concello de Xinzo

Recordamos que o sindicato maioritario no persoal laboral do Concello de Xinzo, presentou alegacións a aprobación dos presupostos para o 2021, por non ser negociados coa central sindical.

Logo da primeira aprobación inicial o Concello comprometeuse a estudar as alegacións e contestarlle as mesmas.

Segundo manifestou a este xornal no seu día o representante da CIG, a contestación as súas alegacións , máis ben parecían unha “tomadura de pelo”.

CONTESTACIÓN DO CONCELLEIRO DE FACENDA NO PLENO

Perez CamposNo pleno onde se aprobaron definitivamente os presupostos, preguntado por este tema polo portavoz do PP, o concelleiro Perez Campos respostou que o Concello ten unha situación na que non poden admitirse ningunha das propostas do sindicato dos traballadores, polo que eles xa saben que é imposible acceder a ningunha das súas propostas.

CONCENTRACIÓNS E XULGADO

Como xa anunciara tamén ó sindicato no seu día, se non se aceptaba negociar con eles, interporían accións xudiciais para botar abaixo os presupostos. Tamén anunciaron accións como é esta concentración, para concienciar a cidadanía sobre as súas pretensións.