Concerto didáctico do Conservatorio de Xinzo para homenaxear a Carlos Casares

Festival conservatorio2
Concerto didáctico do Conservatorio de Xinzo para homenaxear a Carlos Casares

O concerto terá lugar o 26 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo.

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, un ano máis, organiza un Concerto Didáctico dirixido ós nenos da comarca, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenrolamos no Conservatorio e a oferta educativa que se lles ofrece, para poder comezar nas súas vidas os sendeiros da música.

O concerto homenaxeará ao limián Carlos Casares.

Aproveitando que neste ano vaise facer unha homenaxe ao noso escritor Carlos Casares, no gran Día das Letras Galegas, dende o Conservatorio Proesional de Música de Xinzo de Limia decidiron adicarlle este novo concerto.

dav

O concerto terá lugar o 26 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia en dúas funcións. O pase matutino comezará ás 11:00 horas e asistirá exclusivamente alumnado de colexios da comarca: C.E.I.P. Carlos Casares (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), C.E.I.P. de Sandiás e C.E.I.P. de Baltar.

O pase vespertino comezará ás 20:00 horas e será de entrada libre para todo aquel que desexe achegarse.

O pase da tarde será aberto ao público e de entrada libre.

O concerto didáctico que se vai ofrecer é unha representación narrativa e musical na que se relata un conto e á vez interprétanse obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico até o moderno. Utilizando os diversos instrumentos, o alumnado do Conservatorio interpretará obras de Tchaikovsky, Disney, Gardel, Lindsey, Denza, Manzini, Williams… No remate do concerto, a Orquestra do Conservatorio será a encargada de por o broche final con varias obras de distintos autores.