“Un concerto soberbio e cheo de enerxía”

Bestlife (under your seat) tocaron na Corte dos Bois onde presentaron os temas do seu primeiro EP "Taking you back home"
“Un concerto soberbio e cheo de enerxía”
Así definía A Corte dos Bois na súa páxina de Facebook a actuación de Bestlife (under your seat) do pasado...

Así definía A Corte dos Bois na súa páxina de Facebook a actuación de Bestlife (under your seat) do pasado sábado

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Querían rock and roll. E iso foi o que atopou o público que ateigou  o pasado sábado A Corte dos Bois no concerto de Bestlife (under your seat). Estes mozos ourensáns encheron a taberna-tenda de Santa Ana coa forza das súas guitarras, interpretando os temas dos seu primeiro EP, que vía a luz en novembro do ano pasado e que leva por título “Taking you back home”.

Para os organizadores do evento, a hora e media de espectáculo ofrecida por esta banda de indie rock foi “soberbia e chea de enerxía”. Unha opinión que aseguran comparten todos os que estaban alí, a pesar do declarado polos compoñentes do grupo que confesaban que non lles convencera a súa actuación. Unha apreciación a destes músicos que sen dúbida contrasta co entusiasmo mostrado polo seu auditorio.

E na Corte non para a música. O próximo venres haberá máis, desta volta tradicional, da man de Maghuá desde as 22.30 horas da noite.