Patricia F.S
29 de agosto de 2016, 14:14
Os feitos aconteceron na xornada do sábado cando un vehículo perdeu o control e rematou nunha leira de patacas. O suceso produciuse na estrada nacional que pasa por Piñeira Seca.
Por causas que se descoñecen, o coche saiu da vía e bateu contra un marco de pedra o que provocou que o vehículo dese un par de voltas e acabara na finca. O condutor deuse á fuga deixando o automóbil accidentado que mesmo perdeu unha roda e desfíxoselle a autodefensa.
Ata o lugar do sinisto achegáronse efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Xinzo de Limia.