Coñeces Xinzo coma a palma da túa man?

Sin título-1
Coñeces Xinzo coma a palma da túa man?
A asociación deportiva Limiactiva pon a proba a todos os limiaos maiores de sete anos, nunha carreira de orientación pola...

A asociación deportiva Limiactiva pon a proba a todos os limiaos maiores de sete anos, nunha carreira de orientación pola vila

REDACCIÓN

Canto dirías que coñeces a túa vila? Se a resposta é coma a palma da túa man e tes máis de sete anos, podes participar na II carreira de orientación urbana que organiza o próximo 24 de agosto, a asociación deportiva Limiactiva en colaboración coa Concellería de Deportes.

O punto de saída será a Praza Maior de Xinzo de Limia, e os seus participantes clasificaranse por idades en oito modalidades diferentes, dentro de dúas probas, absoluta e escolar. A inscrición deberá realizarse na páxina web da asociación www.limiactiva.com, antes do venres ás doce do mediodía. A cota será gratuíta para todos os grupos de idade, excepto para absolutos e veteranos, que deberán pagar 3 euros.

O reto consistirá en atopar todas as balizas marcadas no mapa, que a organización entregará a cada participante. Estes deberán realizar a proba individualmente e a pé, menos os nacidos antes de 2001 que deberán ir acompañados dun adulto. A cita dará comezo as 18.30 horas para a proba absoluta, e as 17:00 e 17:30 para os escolares segundo sexan benxamines e alevíns ou prebenxamines, respectivamente. A hora exacta de saída de cada competidor publicarase na sitio web de Limiactiva o venres que ven, a partir das 17 horas.