O Congreso paga 2.800 euros ó mes a unha ex deputada da Limia por non atopar traballo

laura-seara-sobrado HORIZONTAL PORTADA
O Congreso paga 2.800 euros ó mes a unha ex deputada da Limia por non atopar traballo

Outros tres deputados galegos tamén se benefician deste soldo mensual

A coñecida como pensión do Congreso está aumentando o malestar xeral. O certo é que os ex deputados que figuran na lista, en función do tempo traballado, poderán vivir ata dous anos con este soldo que pode ascender ata os 3.000 euros.

En Galicia figuran catro ex deputados que cobrarán uns 2.800 euros ó mes. Polo PP vanse beneficiar desta medida, Telmo Martín e Paz Lago por Pontevedra, Laura Seara do PSdeG por Ourense e Olaia Fernández do BNG por Pontevedra.

No caso da deputada da Limia, cobrará esta indemnización ata un máximo de catro meses. Laura Seara recibirá esa cantidade mensual ata que non atope traballo.

A mesa do Congreso aprobou esta medida o pasado martes para os ex parlamentarios que non teñen dereito a paro pois a súa relación coa cámara non é laboral. A axuda garda relación directa co tempo de exercicio no cargo, fixando un máximo de 24 meses e é incompatible con calquera outro ingreso, sexa do sector público ou privado.

No momento no que un ex deputado atope un traballo, deberá comunicarllo ó Congreso e de seguido deixará recibir o ingreso mensual na súa conta corrente.

Entre tanto, a indignación popular crece pola contía desmesurada e por unha axuda que garantiza unha vida de luxo, cando hai persoas que teñen que pasar o mes con apenas 400 euros. Eses son os comentarios que se poden escoitar pola rúa ante esta pensión proposta polo Congreso.