O Conselleiro visitou o GDR-10 e Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro

IMG-20190111-WA0009
O Conselleiro visitou o GDR-10 e Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro

Tamén estivo cos representantes de ADEGAL

O conselleiro destacou que o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia apoiou, na última convocatoria, un total de 17 proxectos na zona, que suporán un investimento inducido de máis de 1,5 millóns de euros para dinamizar o agro

image_galleryO titular de Medio Rural fixo estas declaracións acompañado polo director de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, durante a súa visita ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro deste concello, pertencente ao Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Este instituto, en consonancia coa consellería, busca fomentar as actividades forestais e agrogandeiras de Ourense, algo básico nunha provincia cun peso tan relevante neste sector. De feito, o conselleiro cualificou a comarca da Limia como “a despensa de Galicia”, polo importante peso que ten sobre o ámbito agrícola galego, especialmente no que atinxe a cultivos como o cereal ou a pataca.

Nesta liña, o conselleiro destacou a aposta da Xunta pola mellora das infraestruturas, cun esforzo especial nunha comarca de clara vocación agrícola e sempre en colaboración con outras administracións.

Ademais, José González sinalou que nesta modernización e no aumento da calidade de vida dos veciños do rural, unha peza clave son os grupos de desenvolvemento rural (GDR). Neste sentido, concretou que no caso do GDR da Limia-Arnoia, na convocatoria de 2018-2019 apoiáronse un total de 17 proxectos, cunha axuda que supera os 770.000 euros. A súa posta en marcha suporá un investimento inducido de máis de 1,5 millóns de euros na comarca.

A maiores, o conselleiro lembrou que no conxunto de Galicia a Xunta destina máis de 16,5 millóns de euros no período 2019-2020 ás axudas do plan Leader para dinamizar o agro galego a través dos 24 GDR.

image_gallery5