Convócanse axudas para rehabilitar vivendas en 5 concellos da Limia por onde pasa o Camiño

camiño
Convócanse axudas para rehabilitar vivendas en 5 concellos da Limia por onde pasa o Camiño

O prazo para solicitalas abre este mércores

Os concellos de Sandiás, Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Vilar de Barrio poderán beneficiarse destas axudas coas que se financiará ata un 35% das obras de mellora dun inmoble, cun límite de 11.000 euros por vivenda. As subvencións concederanse ás persoas propietarias únicas de edificios ou vivendas, comunidade de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios. Nas zonas urbanas, as contías destinaranse só as vivendas que se sitúan no trazado do Camiño de Santiago. Nas zonas rurais, poderán acollerse tódalas vivendas incluídas na parroquia pola que pasa a ruta xacobea, e non só aqueles inmobles que estén esrictamente situados na ruta. O prazo para solicitalas queda aberto dende hoxe.

O obxectivo é por en valor as paisaxes polas que transcorre o Camiño, recuperando o patrimonio residencial construído na ruta e dinamizar a zona dende o punto de vista económico e xeográfico.

A Xunta levará a cabo unha campaña divulgativa con charlas informativas, para posibles beneficiarios, e xornadas técnicas para persoal dos concellos e autoridades locais.

O DOG publica hoxe a orde reguladora das subvencións do programa "vivendas do camiño", dentro do Plan Rehavita e que están xestionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En total a Xunta destina unha partida de 3.2 millons de euros para 2016, da que se poderán beneficiar 498 parroquias de toda Galicia.