As Corcerizas recibe o premio internacional “Fondo de sostibilidade”

Acto do premio en As Corcerizas
As Corcerizas recibe o premio internacional “Fondo de sostibilidade”
Este centro pertence á Deputación de Ourense e está xestionado por “Amigos da Terra” REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O Centro de Educación Ambiental das...

Este centro pertence á Deputación de Ourense e está xestionado por “Amigos da Terra”

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O Centro de Educación Ambiental das Corcerizas recibiu onte o premio “Fondo de sostibilidade”, un galardón de ámbito mundial outorgado por Hostelling International, que ten como finalidade a conservación do medio ambiente, apoiando proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. O premio, cunha dotación de 30.000 euros, recoñece o proxecto de autosuficiencia enerxética desenvolvido nas instalacións das Corcerizas, e servirá para dar continuidade a esta iniciativa e favorecer a súa divulgación.

O acto de entrega do premio, celebrado no propio centro, contou coa presenza, do presidente da Deputación, Manuel Baltar, do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro; da directora das Corcerizas, Paula Vidal; o xerente da Rede Española de Albergues Xuvenís, Sergio Montoya, e o presidente de Amigos da Terra, Víctor Barro.Baltar, dixo sobre As Corcerizas que estas instalacións “son un referente en concienciación e divulgación ambiental polo gran labor que desenvolve a prol dun medioambiente máis sostible e eficiente”.

 As Corcerizas foi elixido entre os albergues da Rede Española de Albergues Xuvenís para representar ao Estado español, chegando a estar entre os 15 finalistas mundiais. Nunha segunda fase realizouse unha votación popular, na cal as tres iniciativas máis votadas foron as gañadoras dos premios, o que permitirá mellorar a sostibilidade dos centros e as súas contornas. Desta maneira, As Corcerizas acada o premio de ámbito mundial ante países como China, Brasil ou Alemaña, demostrado así a calidade e sostibilidade das súas instalacións.