domingo. 29.01.2023

    Toda as persoas que desexen adquirir coñecementos básicos en internet esta é a súa oportunidade. A Cruz Vermella organiza un curso básico de informática e redes sociais que terá lugar na semana do 26 ó 30 de outubro. As clases van ser na aula CEMIT da Casa da Cultura en horario de16.30h a 18.30h. 

O curso é de balde e poden anotarse calquera persoa que queira porse ó día no que a ordenadores se refire. Para apuntarse poden achegarse á sede da Cruz Vermelle na Avenida de Ourense nº19 en plena estación de autobuses. Se o prefiren poden chamar ó 988 462 541 ou ben vía e-mail na dirección [email protected]

O prazo para inscribirse remata este venres día 23. As prazas son limitadas. 

Comentarios