CUARTO ANIVERSARIO

logo
CUARTO ANIVERSARIO

Hoxe cumprimos 1.460 días informando aos limiáns e limiás. Grazas!

Queremos agradecer outra vez a todos os que, de algunha maneira, fixeron e fan que o dendealimia cumpra hoxe 4 anos.

En primeiro lugar aos lectores, despois aos colaboradores que temos e tivemos ao longo destes 1.460 días de vida e –por suposto– aos anunciantes que permiten coas súas achegas que o dendealimia sexa hoxe o referente informativo das comarcas da Limia.

DESCULPAS

Tamén queremos agradecer o seguimento da noticia (inocentada) deste ano e os moitos comentarios, así como as tantas veces que foi compartido polos lectores nas redes sociais.

Así mesmo, queremos pedir escusas por se alguén dos aludidos se sentiu un pouco molesto, pero xa sabemos que isto todo, non deixa de ser unha inocentada.

Moitas grazas a todos e reiteramos as desculpas aos que se puideron sentir contrariados. A festa da Sainza –supoñemos– seguiranse celebrando nas súas datas tradicionais.