viernes 3/12/21
Formación

Curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Xinzo de Limia

Inclúe a expedición do carné de nivel básico de aplicador manipulador de productos fitosanitarios, de carácter obrigatorio para motios agricultores.

cero-fitosanitarios-CURSO-BASICO maio2017

O Centro de Estudios Cero –homologado pola Consellería do Medio Rural para impartir formación relacionada coa aplicación e manipulación de productos fitosanitarios– impartirá en Xinzo un curso de nivel básico de "manipulador de produtos fitosanitarios".

Este curso terá una duración de 25 horas e realizarase nas instalacións do Centro de Estudios Cero, do 22 ao 26 de maio de 17:00 a 22:00 horas da tarde. Terá un custo total de 85 €, incluíndo as taxas pola expedición do carné de nivel básico de aplicador manipulador de productos fitosanitarios.

O prazo máximo para inscrición será o vindeiro día 3 de maio ata as 20:00 horas.

O prazo máximo para inscrición será o vindeiro día 3 de maio ata as 20:00 horas. Os interesados poderán apuntarse chamando aos teléfonos 988461237 ou 619480030, así como pasando polas súas instalacións en Rúa Cruceiro 6.

A Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, establece que os usuarios e os que manipulen produtos fitosanitarios deberán cumprir os requisitos de capacitación establecidos pola normativa vixente, en función das categorías ou clases de perigosidade dos productos fitosanitarios.


 

Comentarios