CURSO DE RECOLLIDA SELECTIVA E RECICLAXE TEXTIL EN XINZO DE LIMIA

images
CURSO DE RECOLLIDA SELECTIVA E RECICLAXE TEXTIL EN XINZO DE LIMIA

Comezou cun grande éxito de participación o curso de recollida selectiva e re-ciclaxe textil A asociación Boa Vida Inclusión Activa leva...

Comezou cun grande éxito de participación o curso de recollida selectiva e re-ciclaxe textil

A asociación Boa Vida Inclusión Activa leva a cabo en Xinzo de Limia dende o 26 de agosto ao 11 de setembro. Esta acción formativa de 50 horas, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar Social e polo Fondo Social Europeo, preten-de introducir na xestión e tratamento de residuos, prioritariamente dos textís para a súa reutilización e reciclaxe. Contará tamén con accións formativas transversais de técnicas e habilidades sociais en relación á mellora persoal e busca de emprego e responsabilidades co medio ambiente e a igualdade de oportunidades. A Asociación Boa Vida (creada en Pontevedra no 2012), inicia así a súa andadura na Comarca da Limia coa idea de reunir a persoas en situación de exclusión e os técnicos que as acompañen e dar participación e esperanza a quen queira formar parte da mesma. O ambito do traballo da asociación é autonómico e deciden vir a Xinzo polo coñece-mento que teñen do CDR O Viso, co que participan en accións formativas e polas sinerxias de ambas organizacións na loita contra a pobreza. Agradecen ao Concello de Xinzo de Limia a cesión das aulas para poder levar a cabo o curso. Para mais información nos Tfs. 668 816 575 e 668 893 350