Os alumnos do conservatorio de Xinzo celebran a fin do ano escolar e o centro abre a matrícula
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Despois dun ano enterrados baixo pentagramas, partituras, harmonías e compases os alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia festexan a fin do ano académico como non podería ser doutra maneira, cun gran concerto. Todo aquel que queira celebrar con eles a chegada das vacacións e a boa música poderá facelo maña a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura da vila.
Período de matrícula
E mentres os alumnos despiden o ano, no centro xa traballan no que será o curso que ven. Así desde o vindeiro día 23 e ata o 27 de xuño o prazo de matrícula do Conservatorio permanecerá aberto para calquera dos instrumentos ofertados: acordeón, piano, guitarra, saxofón, clarinete, frauta, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín e viola. O horario de secretaría é de 15 a 21 horas e o teléfono de contacto o 600. 435.655.