A "Dama da Lagoa", xa recibe aos limiás e visitantes

Mural dama lagoa
A "Dama da Lagoa", xa recibe aos limiás e visitantes
Fixeron falta tres trailes e un guindastre fixeron falta para o transporte e para a súa posta no lugar escollido

A Dama da Lagoa xa recibe aos visitantes de Xinzo de Limia na rotonda que da entrada ao polígono. A escultura, de 6,5 metros de altura e 75 toneladas, foi

dama da lagoa
dama da lagoa

transportada esta mañá dende o taller do seu autor, Xosé Lois Carreira, emprazado en Parada, coa axuda dunha grúa de 120 toneladas unida a un tráiler de ferramentas e outros dous coas dúas pezas da escultura que xa locen unidas na entrada da vila. Para poder colocalas foi necesario cortar o tráfico durante parte da mañá, ofrecéndose alternativas á circulación. O autor da obra, Xosé Lois Carreira, mostrouse moi satisfeito cos traballos da instalación “que saíron moi ben pese a súa complexidade” e por ver ao fin a Dama da Lagoa neste emprazamento:

“Loce espectacular á luz do sol”.