Danos de 4 millóns na Limia

IMG_1586
Danos de 4 millóns na Limia
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Catro millóns de euros. Iso é o que lle custará á Limia a chegada de “Qumaira”, “Ruth” e “Stephanie”,...

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Catro millóns de euros. Iso é o que lle custará á Limia a chegada de “Qumaira”, “Ruth” e “Stephanie”, segundo os números que fixeron os alcaldes da comarca.  Feitas as contas do que valerá reparar a desfeita causada polos temporais, os rexedores de Xinzo, Trasmiras, Os Blancos, Baltar, Porqueira, Vilar de Santos e Sandiás reuníronse co delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez. O motivo da reunión non foi outro que solicitar a axuda do organismo autonómico.

E é que o mal tempo asolagou por completo a comarca dificultando a actividade da que vive a meirande parte da poboación, a agricultura. En palabras de Antonio Pérez, alcalde de Xinzo, “a maior parte dos terreos están hoxe inundados, o que impide que se sementen os cereais, e a colleita das patacas”. A pesar de ser o sector primario o máis afectado, o certo é que os desperfectos en infraestruturas e edificios tamén son representativos. Os concellos atópanse desbordados: “os danos son cuantiosos, hai moito desperfecto e nós non dispoñemos de medios”, aclaraba Pérez. Ante esta situación decidiron actuar, e esta reunión con Rogelio Martínez é unha das súas bazas.