A declaración de interese internacional do entroido de Xinzo, ten que esperar

Pantalla Entroido
A declaración de interese internacional do entroido de Xinzo, ten que esperar

A Xunta dille o Concello que a documentación, aportada do expedente ,era insufucente

A documentación remitida polo Concello de Xinzo para solicitar a declaración de festa de interese internacional para o seu entroido estaba incompleta. Así o revelou unha resposta oficial dada pola Axencia Galega de Turismo a unha pregunta formulada pola deputada socialista Noela Branco.
Elvira Lama2DUAS VECES ENVIAN A MESMA DOCUMENTACIÓN
Segundo afirma a deputada ,o organismo autonómico explica que, tras advertir ao Concello das «moitas carencias» do expediente, o goberno local volveu remitir por segunda vez a mesma documentación.
Noela Branco lembrou que o rexedor promoveu recentemente a reprobación da portavoz socialista no municipio, Elvira Lama: «Máis que dedicarse a fiscalizar as actuacións dous socialistas de Xinzo, debería dedicarse ás súas funcións».
A DECLARACIÓN DE INTERESE INTERNACIONAL, TAMÉN SON CARTOS
Elvira Lama fixo fincapé en que a declaración «tamén son cartos» porque, como mínimo, a Xunta entrega 40.000 euros a todas as festas que teñen esa distinción. A portavoz municipal denunciou a «clara deixadez de funcións do alcalde» por todo iso.