A Delegación Territorial da Xunta en Ourense conta desde hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

070420 desinfección coches
A Delegación Territorial da Xunta en Ourense conta desde hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos
Ourense xa conta dende hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

A Delegación Territorial de Ourense vén de por en funcionamento dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono, dentro das medidas adoptadas polo Goberno galego para loitar contra o coronavirus.

Este equipamento que comezou a funcionar esta mesma mañá prestará servizo aos coches da Administración e da Policía autonómica, así como os de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia ourensá.