Dende A Limia recibe o seu primeiro premio
O Polígono Virtual de Galicia quixo recoñecer o traballo deste dixital no seu I Congreso celebrado este sábado en Santiago
REDACCIÓN
redac@dendealimia.com
Dende A Limia.com, o que pretende ser o xornal limiao e dos limiaos, recibiu este sábado en Santiago de Compostela o seu primeiro premio da man do Polígono Virtual de Galicia. Esta iniciativa de apoio aos emprendedores e pioneira na nosa comunidade, quixo recoñecer a nosa labor co galardón á "Comunicación Dixital". A entrega deste recoñecemento enmarcouse na celebración do I Congreso do PVG onde as empresas que integran o polígono, se deron cita para comentar os seus proxectos e intercambiar opinións.
O Polígono Virtual de Galicia nace como unha iniciativa única a nivel europeo, que ten como obxectivo principal a creación dun espazo virtual que permita a empresas e emprendedores crear os seus proxectos ao amparo das compañías e organismos impulsores. O traballo do PVG céntrase en axudar ao empresarios na súa fase de evolución tecnolóxica ou de exposición ao público mediante Internet e as novas tecnoloxías, outorgándolles ademais, outro tipo de servizos coma o asesoramento fiscal, laboral ou legal.