Dendealimia, conta dende hoxe cunha nova colaboradora

IMG-20190708-WA0017
Dendealimia, conta dende hoxe cunha nova colaboradora

Limiá e estudante de Xornalismo en Santiago

Paula Morales Alcequiez é dende hoxe unha nova colaboradora do noso Xornal ata que remate o verán, aínda que esperamos que dende Santiago, lugar onde cursa os IMG-20190708-WA0017estudos de Xornalismo, cunhas excelentes cualificacións, poida continuar unha vez comezado o curso.
Paula, limiá, que rematou os seus estudos de bacharelato con matrícula de honra no IES Lagoa de Antela defínese a si mesma como unha persoa capaz de adaptarse a calquera situación e que procura resolver os problemas da maneira máis eficiente posible. Con gañas de aprender e mellorar.
Entre as súas aficións , a primeira é o estudo de idiomas, dominando case xa o Frances, Italiano e o Inglés e a piques, en canto teña tempo, de “meterlle o dente” o Alemán e o Chinés. Pero o que máis lle gusta é viaxar e coñecer novas culturas.
Dámoslle a benvida ao dendealimia e esperamos contar con ela como colaboradora, dalgún xeito, por moito tempo.