jueves. 23.03.2023

Deputación e Confederación Hidrográfica estudan a construción dunha infraestrutura ambiental na Limia

Estas entidades reuníronse onte para a firma dun convenio de colaboración e examinar as posibilidades do proxecto REDACCIÓN [email protected] A Deputación de Ourense...
Francisco Marín, Manuel Baltar e Emilio Pazos

Estas entidades reuníronse onte para a firma dun convenio de colaboración e examinar as posibilidades do proxecto

REDACCIÓN

[email protected]

A Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estudan a posta en marcha dunha nova infraestrutura ambiental na comarca da Limia. Onte, os presidentes destas dúas organizacións, Manuel Baltar e Francisco Marín, reuníanse xunto co alcalde de Trasmiras e o deputado provincial de Agricultura, Emilio Pazos. Nesta sesión examinaron cal pode ser a mellor maneira de colaborar conxuntamente dentro da política medioambiental que persigue a mellora da comarca.

O proxecto concretarase a partir de agora nunha serie de reunións técnicas que definirán a súa especificidade medioambiental e o seu ámbito xeográfico para que poida entrar en funcionamento antes de que remate 2015.

Comentarios