A Deputación reforza o seu compromiso coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Diaz Penin (AA de productores da pataca).
A Deputación reforza o seu compromiso coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia
Amador Díaz agradeceu a liña aberta de colaboración do goberno provincial coa asociación de produtores

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, Amador Díaz, con quen abordou o escenario deste sector, clave na economía ourensá. Un encontro no que o presidente do goberno provincial avanzou o reforzo do compromiso que mantén a institución con esta asociación de produtores.

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Diaz Penin (AA de productores da pataca).
Manuel Baltar e Amador Díaz

Manuel Baltar sitúa este acordo dentro da ampla aposta da institución provincial polo sector agrario e a comarca da Limia, lembrando, por exemplo, os importantes servizos que presta o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente ao Inorde. “A Deputación sempre está en primeira liña de apoio aos sectores produtivos. E neste caso estamos a falar dun eixo vital da nosa economía, como referendan estudos como os realizados polo Inorde e a UVigo que sinalan a pataca coma un produto estrela da nosa despensa”.

O presidente da Deputación tamén pon en valor as liñas de colaboración trazadas coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia, “de completa referencia neste sector, coa que en 2018 comprometeuse a compra de maquinaria para acondicionar as pistas de acceso ás explotacións de pataca. Nesta ocasión, a partida económica facilitará este traballo mecánico. “Facilitamos que a maquinaria poida empregarse co persoal axeitado e este a disposición da asociación en todo o que sexa necesario nos seu traballo”. Manuel Baltar sitúa como estratéxico o apoio ao sector primario: “Unha actividade necesaria, como estamos a ver na crise derivada da guerra en Ucraína. O obxectivo deste goberno é traballar para seguir potenciando a calidade da nosa despensa”.

Pola súa banda, Amador Díaz valorou a implicación da Deputación coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia: “Unha vez máis, este apoio é moi importante para poñer en marcha a maquinaria e acondicionar as pistas. Dende a asociación estamos moi agradecidos polo seu compromiso”.