Deputadas do BNG visitaron Baños de Molgas para avaliar os danos causados polos lumes

2017102314173783999
Deputadas do BNG visitaron Baños de Molgas para avaliar os danos causados polos lumes

Catro deputados nacionalistas visitaron onte varios concellos da provincia afectados pola vaga de lumes.

As deputadas do BNG, Noa Presas e Olalla Rodil xunto aos deputados, Xosé Luís Rivas e Luís Bará visitaran onte, ao longo do día, as alcaldías dos concellos do BNG afectados pola última vaga de lumes e avaliaron cos gobernos municipais a súa xestión así como as propostas de actuación para o futuro.

Entre os concellos visitados estiveron Baños de Molgas, A Mezquita e Viana do Bolo.

Entre os concellos visitados estiveron Baños de Molgas, A Mezquita e Viana do Bolo. No oriente ourensán avaliaron tamén a crise xerada pola continua seca.

Ante os medios de comunicación, a parlamentaria por Ourense, Noa Presas, manifestou que o Presidente da Xunta "débelle unha desculpa aos alcaldes do BNG" tras afirmar que foron cómplices da vaga de lumes. No caso concreto do concello de Baños de Molgas dixo, "o noso alcalde leva máis dun ano agardando ser recibido por Feijóo" para falar, entre outras cuestións, da motobomba que precisa esta localidade.

Ninguén da administración pública mostrou interese por avaliar os danos do concello de Baños de Molgas.

Ademais, lembrou que a día de hoxe, ninguén da administración pública mostrou interese por avaliar os danos do concello, sobre todo no monte máis afectado de pastoreo e cun importante patrimonio arqueolóxico que conserva "numerosos petróglifos e mámoas" e que forma parte dunha ruta planificada para a súa divulgación e posta en valor da zona.