Descubrimos un dos segredos mellor gardados do Entroido

Cartel anunciador do Meco e do Oleeiro
Descubrimos un dos segredos mellor gardados do Entroido

Xa temos a cara do Meco 2022

Un ano máis (o ano pasado non estivo colgado), o Meco presidirá a praza Maior, o epicentro das distintas celebracións do Entroido de Xinzo.

Como ven sendo nos últimos anos a “cara” do Meco, non fai referencia a ningún persoeiro do mundo político, empresarial ou da farándula. Este ano , outra vez, volve a ser unha cara que non representa a ninguén, aínda que algúns poderanlle sacar parecidos con certo político catalán, aínda que esa non é a intención.

COLGAMENTO DO MECO

A Asociación A Pantalla, será a encargada de trasladar mañá pola tarde o Meco ao seu lugar de honra. Este ano por motivos de aglomeración de xente a saída non será da praza de Oriente. A comisión organizadora non quere anunciar o lugar de saída, pero si haberá traslado do Meco ata a praza.

Se queres ver a cara do Meco antes de mañá a tarde, preme aquí.