Deteñen un veciño de Xinzo que se buscaba por agredir sexualmente a unha moza

correr
Deteñen un veciño de Xinzo que se buscaba por agredir sexualmente a unha moza

A Garda Civil detivo este mediodía a un veciño de Xinzo acusado de agredir sexualmente a unha moza que practicaba deporte. Os feitos aconteceron na mañá do martes cando a rapaza saiu a correr pola pista que une Xinzo de Limia con Raririz de Veiga. De súpeto un mozo de entre 20 e 30 anos apareceu e comezou a darlle conversa ata que a abordou. Tratou de tirala ó chan ata en tres ocasións máis a moza conseguiu librarse do agresor e fuxiu.

Uns traballadores que se atopaban pola zona axudárona e levárona ó centro médico de Xinzo onde foi atendida de varias contusións. Posteriormente a vítima denunciou os feitos e segundo lles manifestou ós axentes recibiu ameazas de morte do seu agresor.

Finalmente a Garda Civil localizouno este mediodía e procederon a súa detención. O mozo responde ás iniciais de J.B.S e actualmente realizaba un curso de xardinería a través dun programa de integración social.