Detido un veciño de Xinzo con roupa presuntamente falsificada

266
Detido un veciño de Xinzo con roupa presuntamente falsificada

A.K. de 32 anos foi detido a noite pasada

Na noite do mércoreas ao xoves as 23:30h a Garda Civil de tráfico, durante un dispositivo masivo establecido na A52 no km 194 a altura de Xinzo de Limia, deulle o alto a un turismo que, tras realizarlle un rexistro, localizouse nel unha cantidade de prendas presuntamente falsificadas. Entre elas, atoparonse cerca de 70 polos, 25 pantalóns, 50 pares de zapatillas e 67 pezas de roupa interior de diferentes marcas comerciais. Tras o rexistro e a incautación das prendas, procedeuse a detención do conductor, un veciño de Xinzo, A.K de 32 anos de idade como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.