Devoción, tradición e festa únense en Lobeira

maxresdefault
Devoción, tradición e festa únense en Lobeira
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Nosa Señora do Viso de Lobeira tivo un ano máis o seu homenaxe a pesar da chuvia e...
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

A Nosa Señora do Viso de Lobeira tivo un ano máis o seu homenaxe a pesar da chuvia e o frío. Centos de persoas das dúas comarcas do Limia e mesmo de Ourense desprazáronse ao santuario para participar na romaría coincidente co Domingo de Pentecostés. A misa daba comezo a iso das dez da mañá e unha hora máis tarde os romeiros daban inicio á procesión coa imaxe da virxe ata o santuario do Viso, acompañados pola Banda de Música de Lobios, a charanga de Bande, o grupo folk Bandiños, os Gaiteiros de Cadóse a Banda de Gaitas de Lobeira.

Xa a partir das 13.30, varios sacerdotes da Baixa Limia oficiaban unha eucaristía ao aire libre no Monte do Viso. E despois da liturxia chegou a festa cunha comida campestre a base de polbo, churrasco e carne ao caldeiro animada pola música de gaitas e charangas.

Procesión das Antorchas

E o sábado, na véspera da romaría tiña lugar a tradicional “Procesión das Antorchas” contra ás 19.00 horas xusto media hora despois do inicio da novena. A procesión recorreu a distancia entre o santuario e a igrexa parroquial e contou de novo co acompañamento música dos Gaiteiros de Cadós. Pola noite, os máis festeiros puideron desfrutar das actuación da orquestra Solara Espectáculo, a charanga de Bande, o grupo folk Bandiños e unha discoteca móbil.