DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2019

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2019

Asistíu o Conselleiro de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia

Un remozadisimo escenario, para a ocasión, do Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo recibiu as autoridades da Xunta, do Concello e dos organizadores do Día do Cooperativismo galego 2019, NO QUE A Xunta quere visibilizar e dar a coñecer o traballo e o esforzo que levan a cabo as distintas cooperativas ao longo de cada ano. Neste, ademais das cooperativas foron premiados traballos cooperativos levados a cabo no mundo da ensinanza, nos distintos institutos espallados por Galicia.

DISCURSOS INSTITUCIONAIS

A primeira en subir ao estrado foi a representante da cooperativa limiana Limia Xestión, que xunto co Xpazo, foron os encargados de lograr que a celebración se trouxese este ano a nosa vila.

Tomou a palabra a continuación a alcaldesa Elvira Lama, que en todo momento fixo de anfitrioa acompañando ao Conselleiro de Economía e Emprego da Xunta de Galicia e acompañada a súa vez polos concelleiros Manuel Pérez, concelleiro do ramo e por Amador Díaz e Alberto Martínez, estando presente tamén o parlamentario do PP Carlos Gómez.

Despois de agradecer a presenza no salón a todas as autoridades presentes e aos organizadores que fixeron posible que este acto se trouxera a Xinzo.

ENTREGA DE PREMIOS A TODOS OS GALARDOADOS

catsEntregáronse os premios de Cooperativismo no ensino ao IES Fernando Wirtz da Coruña polo proxecto Fungal Biomaterial e ao CIFP Paseo das Pontes, tamén da Coruña, pola iniciativa Biofroita, Sociedade Cooperativa Galega. Pola súa banda, Panxea (Santiago de Compostela) recibiu o galardón aos valores cooperativos; Rayados (Santiago de Compostela), ao mellor proxecto cooperativo novo; e a Cooperativa Agraria da Coruña (Bergondo), o recoñecemento á traxectoria cooperativa. Rematado o acto de entrega de galardóns todos os agasallados fixeronse a “foto de familia” coas autoridades autonómicas provincias e locais.

ÁGAPE POSTERIOR NO XPazo

Rematado o acto os asistentes trasladáronse ás instalación do XPazo onde tiveron oportunidade de departir entre os asistentes degustando produtos da terra acompañados do son que puxo o grupo A BANDA DA LOBA.