Día histórico para a comarca da Limia

foto-dos-2
Día histórico para a comarca da Limia

Quedou constituida a "Mesa da Limia" .Fora unha demanda dos sectores agropecuarios, sindicais, empresarios agrogandeiros asi como ecoloxistas ao Conselleiro na anterior visita a comarca

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá a constitución e a primeira xuntanza da Mesa da Limia. Nela tamén participaron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, así como o alcalde Manuel Cabas e otros alcaldes da comarca.

No encontro participaron representantes do sector agrogandeiro da comarca, pataqueiros, ecoloxistas, regantes, asociacións profesionais agrarias e responsables da Xunta e doutras administracións

O conselleiro sinalou que acudiu a Xinzo de Limia para escoitar as demandas e preocupacións dos axentes económicos e sociais da bisbarra e que o principal obxectivo da Xunta é apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca e, por extensión, en toda Galicia.

image_gallery 2Neste contexto, José González afirmou que as políticas da consellería camiñan na liña de recuperar e poñer en valor as terras agrarias, para o que se está a elaborar unha lei específica, así como na potenciación da calidade das producións do agro, como referencia fundamental do noso medio rural.

A xuntanza de hoxe, na que participaron tamén representantes do sector agrogandeiro da bisbarra, pataqueiros, ecoloxistas, regantes, asociacións profesionais agrarias e responsables doutras administracións, dá continuidade a outros encontros mantidos con anterioridade polos máximos responsables de Medio Rural. Así, o propio conselleiro reuniuse en xaneiro pasado con diferentes colectivos da Limia e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, fixo o propio a finais de febreiro.

Medio Rural aposta por manter unha actividade agrogandeira rendible e sustentable na Limia e en toda Galicia

En todas estas xuntanzas abordouse, entre outros asuntos, a xestión dos residuos gandeiros na zona e tanto o conselleiro como o director xeral amosaron a súa disposición a escoitar as demandas e achegas de todos os axentes implicados.

Neste mesmo sentido, José González volveu sinalar hoxe que esta aberto a escoitar e recoller todas as propostas construtivas sobre este asunto, de cara a mellorar a calidade dos solos e en xeral as condicións ambientais, para obter produtos agrogandeiros de alta calidade.

foto-una-2

Trátase ademais, segundo explicou, de lograr que se visualice a Galicia como unha comunidade pioneira e punteira en innovación e boas prácticas. Así mesmo, procúrase promocionar o sector agro gandeiro mediante a calidade dos seus produtos, fomentando unha mellora dos prezos e, por extensión, un incremento dos ingresos dos produtores.