“Os que din que bañarse nas Conchas é perigoso son grupúsculos comandados polo BNG que só buscan afundirme”

ciano bacterias
“Os que din que bañarse nas Conchas é perigoso son grupúsculos comandados polo BNG que só buscan afundirme”
Así de contundente se mostraba onte o rexedor de Muíños nunha entrevista a Faro de Vigo REDACCIÓN Plácido Álvarez Dobaño daba onte...

Así de contundente se mostraba onte o rexedor de Muíños nunha entrevista a Faro de Vigo

REDACCIÓN

Plácido Álvarez Dobaño daba onte renda solta á súa opinión sobre a polémica en torno á contaminación por cianobacterias no encoro das Conchas, nunha entrevista para Faro de Vigo. O alcalde de Muíños non soamente pon en dúbida os resultados obtidos polo grupo de expertos da Universidade Complutense de Madrid, que cualifican a situación de “alarmante”, senón que asegura que son resultados esaxerados, detrás dos cales está “un grupúsculo de veciños cantamañanas comandados polo BNG”. Para Álvarez, “uns salvadores da patria que soamente queren acabar co noso concello, onde non teñen representación e só buscan afundirme e botarme fora coma alcalde”.

O presidente deste consistorio da Baixa Limia asegura non entender por que “nos fiamos máis do que di unha universidade foránea, que do que quincenalmente informa a Consellería de Sanidade”. Dúas veces ao mes a Xunta remite informes ao rexedor no que asegura que a calidade da auga é suficiente e apta para o baño, a pesar da contaminación. El mesmo asegura terse bañado recentemente no embalse e “non ter sufrido ningunha intoxicación hepática”.