O domingo celébrase o I Encontro de Troco de Cromos na Praza Maior de Xinzo

cambio-de-cromos
O domingo celébrase o I Encontro de Troco de Cromos na Praza Maior de Xinzo

Esta iniciativa xorde dos hosteleiros da céntrica praza

Maiores e pequenos coleccionistas que teñan un álbum na casa sen completar, esta é a súa oportunidade. O troco de cromos vai ter lugar o domingo 27 na Praza Maior de Xinzo de Limia, dende as 17.30h ata as 20.30h. As persoas que o desexen só teñen que achegarse co seu álbum e os seus cromos. O seguinte paso é disfrutar da xornada e tratar de completar coleccións.

Esta orixinal inciativa permite rememorar tempos e dárlle ós máis cativos a ocasión de engancharse ó mundo dos coleccionistas de álbum.

Os hosteleiros da praza queren así organizar unha actividade de ocio e cultura e ó tempo dinamizar o centro da cidade. Outro dos obxectivos que perseguen é atraer á xente e impulsar os negocios da zona. Consideran os hosteleiros que este tipo de actividades serven para compartir unha afección e disfrutar da experiencia entre tódalas xeracións.