Tamén durante esta semana a asociación estará en Guntimil co seu percorrido pola zona rural
REDACCIÓN [email protected] Twitter: @DendealimiaAs doenzas nas costas e o pescozo e a súa solución con tratamentos de osteopatía centrarán a atención do vindeiro obradoiro que organiza a Escola de Saúde Rural de Limia. Este taller terá lugar na Aula 2 da primeira planta da Casa da Cultura de Xinzo o vindeiro xoves día cinco, entre as 16:30 e as 19:30 horas.
O obxectivo desta actividade impartida por Carlos A. Martí Cerdeña, osteópata experto en nutrición e terapias ortomoleculares e cun por grao europeo en psiconeuroinmunoloxía pola Clínica Numansdorp de Holanda, será coñecer a orixe das doenzas e malestares de lumbares e cervicais. Así coma os tratamentos osteopáticos e correccións posturais para as disfuncións que se poidan atopar nestas áreas.
Percorrido pola saúde da zona rural da Limia
Esta asociación segue percorrendo a zona rural do concello de Xinzo, divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. A última parada foi Guntimil onde estiveron esta tarde e a onde volverán o próximo mércores ás 16 horas para continuar afondando nos temas de alimentación e enfermidades.