Dous accidentes na Limia no día de hoxe, parece ser que por despistes

IMG-20200520-WA0010
Dous accidentes na Limia no día de hoxe, parece ser que por despistes

Un tractor e un coche na recta de Vilar de Barrio e unha saída de vía en Trasmiras

Na estrada de Xinzo a Vilar de Barrio a altura de Pena, un coche quedou chantado nun tractor agrícola. Non houbo feridos. Todo parece indicar nunha distracción.Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Verín e Protección Civil de Xinzo, para axudar a regular o tráfico.

SAÍDA DA ESTRADA EN TRASMIRAS

IMG-20200520-WA0006A medio día de hoxe na rúa Vicente Risco en Trasmiras na N 525, un Ford Focus en dirección a Verín saíuse da calzada, ao parecer por un despiste, nunha curva, índose a contra nun muro.

O condutor, un home de mediana idade, saíu ileso, pero o coche parece ser, segundo confirman persoas que o presenciaron é sinistro total.