Dous casos positivos en Covid-19 en Xinzo

IMG_20200526_232608
Dous casos positivos en Covid-19 en Xinzo
Pertencen ao foco de Vilar de Barrio

O concello de Xinzo ven de emitir unha nota da existencia de duas persoas contaxiadas en Xinzo por Covid-19 que gardan relación co brote de Vilar de Barrio

COMUINICACIÓN IMPORTANTE.

Acabamos de recibir a confirmación oficial da existencia de dous casos de COVID-19 no noso Concello, que gardan relación co brote detectado en Vilar de Barrio.

Ambos están seguindo o protocolo do Sergas de illamento e corentena, ao tempo que se está facendo o rastreo de contactos, sen que de momento apareceran novos positivos nas probas PCR.

Desde do Concello de Xinzo desexámoslle aos afectados unha pronta recuperación e pregamos a toda a veciñanza que non rebaixe as medidas de seguridade, especialmente en canto ao uso de máscara, xel desinfectante e distanciamento social. É máis imprescindible que nunca a responsabilidade individual.

Toda precaución é pouca para protexernos e protexer aos que máis queremos, polo que todos e todas debemos seguir estritamente as recomendacións das autoridades sanitarias.