O presentador, actor e humorista galego, Roberto Vilar, é un dos últimos rostros recoñecidos da cultura, a política e a literatura en se unir á campaña de amadriñamento das árbores da Limia que está a promover a plataforma creada contra a tala das árbores da Avenida de Celanova en Xinzo de Limia.
A Roberto Vilar uniuse tamén o humorista coruñés, David Perdomo.
Non son os únicos persoeiros que se están a involucrar coa plataforma manifestando o seu apoio público á campaña. Xunto con eles tamén amadriñaron árbores a deputada de En Marea Alexandra Fernández, o escritor Antón Riveiro Coello, a cantante e actriz Carmen Penim, o xornalista Federico Cocho, o ex-alcalde de Vilar de Santos Xoán Antón Jardón, a escritora e académica Chus Pato ou o ex-senador Xosé Manuel Pérez Bouza.