Os Bombeiros de Xinzo sofocaron na tarde do luns un incendio, que por causas descoñecidas, arrasou unha vivenda en Parada de Ribeira. Pasadas as 18.30h da tarde, un particular solicitaba axuda ó CAE 112 Galicia para alertar de que a casa do veciño estaba ardendo.
Axiña chegaron membros da Garda Civil e Protección Civil de Xinzo para controlar a situación. Os efectivos de extinción evitaron que o lume afectase ás vivendas próximas e apagaron o incendio por completo. Como consecuencia das lapas ardeu o tellado da casa e parte dela, sen causar danos persoais.
O 112 Galicia tamén alertou ó persoal da empresa suministradora de electricidade que cortou o suministro eléctrico mentres duraron as labores de extinción.
Fai hoxe 10 días, un incendio afectaba a unha vivenda en Baltar. As lapas que se orixinaron na cociña, extendéronse con rapidez ó resto da casa afectando á primeira planta que ardeu por completo xunto co tellado. No seu interior non se atopaba ninguén cando se orixinou o lume. Os Bombeiros de Xinzo tardaron varias horas en sofocalo. A dona da vivenda tivo que recibir asistencia médica ante a gravidade dos feitos e tras ver que o perdera todo por mor do incendio.