19 de marzo de 2016, 20:56
Case unha ducia de coches nos dous sentidos da A-52 preto da saída de Sandiás, chocaron nun múltiple accidente, parece que sen vítimas graves.
Dúas horas máis tarde, e baixo unha tromba de auga, as grúas e os moitos efectivos da Garda Civil desprazados ata o lugar traballaban para despexar os dous carrís, un en cada sentido.
Ata ben entrada a noite, non estará a autovía totalmente despexada.