A DXT presentou material adxunto para os peregrinos da Vía da Prata

IMG_8563
A DXT presentou material adxunto para os peregrinos da Vía da Prata

O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, fai un chamamento a extremar as precaucións dos peóns e ciclistas que transitan polas estradas da provincia.

O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, fai un chamamento a extremar as precaucións dos peóns e ciclistas que transitan polas estradas da provincia. Castro, coincidindo coa presentación do material que se fai por parte da DXT para os peregrinos que percorren a Vía da Prata, tamén solicita dos automobilistas "un incremento da súa atención nos tramos de estrada onde é máis frecuente atoparse con corredores e viandantes".

A Dirección Xeral de Tráfico confeccionou o material adxunto para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta.

No acto do pasado xoves na Subdelegación do Goberno, acompañaron ao subdelegado, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, o Capitán da Garda Civil de Tráfico, Anxo Rafael Rodríguez, a subxefa provincial de Tráfico, Andrea Conde e o Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias, quen detallou os pormenores desta campaña encamiñada a incrementar a seguridade nas nosas vías de comunicación.

A Dirección Xeral de Tráfico confeccionou o material adxunto para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta. Na provincia de Ourense, polo camiño "Ruta da Prata", circulan anualmente máis de 9.000 peregrinos rexistrados segundo os datos dos últimos anos (2015 e 2016).

IMG_8568

Os 10 albergues do Camiño de Santiago na provincia de Ourense terán en próximos días a disposición dos peregrinos o material que achegamos (6 modelos –2 en galego, 2 en español e 2 en inglés– un relativo á circulación a pé e o outro en bicicleta), que lembran aos peregrinos como deben circular con seguridade. Así mesmo, tamén se lles proporcionará o material adxunto directamente na estrada a través da Garda Civil de Tráfico.