A DXT sinala cinco tramos de estradas convencionais con especial perigosidade na Limia

Orense
A DXT sinala cinco tramos de estradas convencionais con especial perigosidade na Limia

Tráfico actualizou o mapa de puntos conflitivos

A Dirección Xeral de Tráfico fixo público un listado actualizado de puntos conflitivos en España. Nese mapa inclúense ata cinco tramos de estradas convencionais ó seu paso pola Comarca limiá, catalogadas pola súa especial perigosidade. Son a OU-1107 que vai de Xinzo de Limia a Cualedro, a OU-112 de Xinzo a Calvos de Randín, OU-301 de Xinzo a Bande pola Forxa, OU-304 de Xinzo a Baltar e a OU-531 de Xinzo a Cortegada. Estes tramos están controlados por radar móbil e son os puntos onde a DXT vai intesificar a vixilancia nos vindeiros tres meses.

Así o fixo público Tráfico a través dun comunicado coa intención de que os condutores incrementen as medidas de precaución e sobre todo que respecten os límites de velocidade, logo de que incrementasen os accidentes en estradas secundarias dende o mes de xullo.

Estes datos coñécense un día antes de que comece o operativo especial da DXT para a ponte do Pilar 2015, na que se prevén un 11% de desprazamentos na nosa comunidade.