Os edís limiaos, os únicos que dimiten sen estaren imputados

ramon gomez
Os edís limiaos, os únicos que dimiten sen estaren imputados
                      Ramón Gómez Salgado o número dous do PSOE en...

                      Ramón Gómez Salgado o número dous do PSOE en Xinzo presentou hoxe a súa renuncia

Ramón Gómez Salgado, edil socialista no Concello de Xinzo, ven de presentar a súa dimisión por motivos que aínda se descoñecen. Fontes do partido aseguran que o concelleiro tería entregado o escrito de renuncia do seu cargo esta mesma mañá no rexistro municipal.

Porén, a líder socialista na localidade e única compañeira de partido de Gómez Salgado no consistorio municipal, Elvira Lama aseguraba non ter noticia algunha sobre esta ou calquera outra dimisión no concello limiao. 

Coa renuncia de Gómez Salgado, xa son tres os edís de Xinzo de Limia que dimiten no que vai de lexislatura. Precedéronlle nesta decisión os concelleiros nacionalistas Amador Díaz Penín e Luíca Nóvoa Joga que en 2012 abandonaron o BNG primeiro por “discrepancias coa dirección do partido” e finalmente o consistorio.