Volve a Universidade para maiores a Casa da Cultura de Xinzo

224
Volve a Universidade para maiores a Casa da Cultura de Xinzo
A educación, o cine e a arte medieval serán os eixos do programa que achegará a Universidade aos maiores na Casa da Cultura de Xinzo

Nunca é tarde cando se trata de achegarse ao coñecemento. O Programa Universitario de Maiores chegará a Xinzo de Limia o próximo mes de abril grazas a un convenio firmado entre o Concello e a USC. Deste xeito, levarase a cabo o proxecto titulado Democratización do Coñecemento e que conta cun programa que inclúe distintas actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe no ámbito da educación non formal.

222
222

Os seminarios desenvolveranse os sábados 2, 9 e 23 de abril, sendo a educación, o cine e a arte medieval os principais eixes sobres os que xirará a programación. Así, na primeira xornada do 2 de abril falarase sobre o papel que desempeñan as familias na educación en dúas sesións, de 10.30 a 12.00 horas e de 12.15 a 13.45 horas. Cristina Varela, Diana Priegue e Jesús García serán os profesores da Universidade de Santiago de Compostela encargados de dirixir o seminario.

Está previsto que o 9 de abril o cine sexa o gran protagonista. A xornada leva por título O cine do cotiá: un achegamento á práctica documental, e estará dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, profesores colaboradores do Programa Universitario para Maiores. A iniciativa tamén se levará a cabo en dúas partes e no mesmo horario.

Por último, o 23 de abril haberá dúas sesións sobre historia. A primeira, titúlase Dando luz ao románico... Escoitando o falar das imaxes petrificadas. Na segunda descubriranse San Xoán de Vilar de Santos e Santa Mariña de Xinzo de Limia. Carolina Casal, doutora en Arte Medieval pola USC será a encargada de dirixir as sesións.

A Casa da Cultura será o lugar de celebración do programa e os interesados en participar, que sexan maiores de 50 anos, recibirán a información neste mesmo punto e en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas. Tamén se pon a súa disposición o número de teléfono 600 314 155 e o enderezo de correo electrónico casaculturadexinzodelimia@gmail.com.

Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo da vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores é outra das metas desta iniciativa.

226
226

Trátase de posibilitar que as persoas maiores compartan e desenvolvan iniciativas docentes e de extensión cultural, propias do contexto social e institucional universitario, adoptando os criterios organizativos, normativos e metodolóxicos que cumpran para alcanzar este fin.