A taxa de paro segue sendo elevada na Limia cunha media do 20%

paro
A taxa de paro segue sendo elevada na Limia cunha media do 20%

Dende o 2014 subiu o paro en Xinzo, Porqueira, Baltar, Sandiás e Vilar de Santos

Un día despois da saída á luz da Enquisa de Poboación Activa, a análise dos datos déixanos un panorama no que o paro baixa na maioría dos municipios da Limia, pero, segue sendo unha taxa moi alta.

A continuación vemos unha comparativa entre os datos de 2014 e 2015, información extraída da EPA.

Datos da última Enquisa de Poboación Activa
MUNICIPIO 2014 2015
Baltar 24% 27%
Bande 20,6% 19,4%
Os Blancos 31,3% 30,1%
Calvos de Randín 17% 15,3%
Entrimo 20,24% 17,1%
Lobeira 20,38% 25%
Lobios 17% 16%
Muíños 21,59% 19,9%
Porqueira 19,8% 21,9%
Rairiz de Veiga 22% 20%
Sandiás 17% 20%
Sarreaus 25% 21%
Trasmiras 29% 25%
Vilar de Barrio 17% 15%
Vilar de Santos 18.7% 19%
Xinzo de Limia 24,7% 25%
Ourense 22,9% 21,15%

Dos datos observamos que a tendencia é que o paro descendeu na maioría dos municipios da Limia. A media da baixada sitúase nun 2%, agás en Lobeira, Sarreaus e Trasmiras onde a taxa de paro baixou ata catro puntos en cuestión dun ano.

Pola contra, os concellos de Baltar, Porqueira, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, experimentaron unha suba do paro. Onde máis se notou foi en Baltar que incrementou ata 3 puntos.

Así as cousas a boa nova sae desa pequena baixada do índice de parados que deixa un panorama alentador aínda que a recuperación sexa lenta.

Con todo as cifras de paro na comarca seguen sendo moi altas, cunha media dun 20%, contribuíndo a que a provincia de Ourense sexa unha das que rexistra unha das taxas de paro máis altas de Galicia, un 21,15% en 2015, segundo publicou a EPA.