Elvira Lama e Manuel P. Campos cobrarán por dedicarse parcialmente ao concello no ano que ven 56.294 € repartidos en 12 pagas entre os dous

Elvira Lama e Manuel P. Campos cobrarán por dedicarse parcialmente ao concello no ano que ven 56.294 € repartidos en 12 pagas entre os dous

Elvira Lama terá unha dedicación do 75% e Pérez Campos do 50%

Estas serán dúas das propostas que van ao próximo pleno a celebrar o martes 29 de decembro.

Pero este non será o único punto económico que debatera o plenario. Tamén no último punto da orde do día se aprobará previsiblemente a creación dun órgano colexiado que se reunirá semanalmente cunha achega a cada membro de 150€/semana co que a contía mensual será de 600 €/mes para cada concelleiro participante.

Desta maneira, todos os membros do grupo de goberno terán asignación nos presupostos do ano 2021 que aínda non foron propostos para a súa aprobación ao plenario.

O custe total de emolumentos a conta do concello para os membros do grupo de goberno que terán dedicacións parciais máis as correspondentes ao órgano colexiado rondará os 90.000 €.

Informes nos que se basean as propostas

Esta Alcaldía, desde o punto de vista da organización interna, considera que o cargo de Concelleiro de Facenda e Promoción Económica necesita dunha dedicación parcial coas retribucións que iso supón.

Á vista do informe de secretaría, así como do informe de Intervención, considérase dende o punto de vista da organización interna, considera que o cargo de Alacaldía necesita dunha dedicación parcial coas retribucións que iso supón.