Elvira Lamas non se rende e volve intentalo por segunda vez

ELVIRA LAMA2
Elvira Lamas non se rende e volve intentalo por segunda vez

Os ataques electorais empezan a sobrevoar Xinzo

En declaracións anteriores, Elvira Lama xa tiña claro que non ia abandonar Xinzo nestes momentos. A candidata considera necesaria a súa continuidade posto que o mal sabor de boca que lle deixou as pasadas elección fixéronlle volver ao combate con máis ganas de loitar.

O PSOE, que chegou a ter nas súas mans a alcaldía de Xinzo, no 2011 pasou a ser a terceira forza da localidade obtendo o seu peor resultado. Aínda así, Elvira Lama volverá encabezar a lista socialista de cara as próximas votacións do mes de maio.

A reelixida aspirante do PSOE a alcaldía de Xinzo afirmou que a decisión foi tomada na asemblea de militancia, por aclamación e polo respaldo da súa proposta. A lista electoral incluirá a novos participantes que comparten o desexo de mellorar as cousas.

Elvira Lama ten asumido que a xente está descontenta pero, na súa defensa, declara que non todos están no mesmo saco. E, ademais, arremete contra o PP acusándoos de xogar con vantaxe por estratexias de dudosa ética como inflar os censos e presionar os veciños.

Os tres principais partidos do municipio xa teñen o seus candidatos. O PP e o PSOE repiten candidatos e o BNG incorpora a Ramiro Rodríguez como substituto de Amor Díaz.