A empresa Mercadona xa dispón dun terreo na Limia para construír un supermercado

Mercadona_logotipo
A empresa Mercadona xa dispón dun terreo na Limia para construír un supermercado

Está previsto que as obras comecen no 2016

A semana pasada Mercadona presentou o proxecto sectorial no rexistro municipal do concello de Xinzo de Limia. Agora o plan vai camiño da Xunta de Galicia e unha vez que a Consellería de Medio Ambiente emita o correspondente informe, o concello poderá otorgar á empresa a licencia de obra. Superados os trámites burocráticos estímase que os traballos de construción do novo supermercado comecen no 2016.

Entre tanto, Mercadona xa ten unha parcela,a número 52, á entrada do polígono industrial de Xinzo e que conta con 10.000 metros cadrados. A inversión será duns 3 millóns de euros e vanse crear corenta postos de traballo.

O rexedor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, considera que é "unha boa nova para a economía da zona, estamos ante a primeira firma de alimentación de España e apostaron por Xinzo",sinala. Sobre a repercusión que pode ter no pequeno comercio, o alcalde apunta que " non se lle pode pechar a porta a empresas que queiran instalarse na zona, son mercados diferentes, quen merque en Mercadona vai por produtos específicos pero non creo que afecte na actividade do día a día do pequeno mercado".

Sinala Antonio Pérez que a chegada deste novo supermercado acentúa o crecemento que está tendo o polígono industrial de Xinzo que , apunta, "nos últimos catro anos chegaron en torno a 16 novas empresas á área industrial".

Este novo establecemento é o número oito que a empresa Mercadona abre na provincia de Ourense.