"Os enmascarados son libres porque non están sometidos as nosas leis e normas"

mandianes
"Os enmascarados son libres porque non están sometidos as nosas leis e normas"

Manuel Mandianes falou en Xinzo sobre o Entroido e a súa conexión co máis alá

O reputado antropólogo nado en Loureses, achegou unha visión distinta do Entroido. Fíxoo nun foro que tivo lugar na tarde do martes na Casa da Cultura de Xinzo. Comezou o seu coloquio reflexionando sobre a liberdade coa que se comportan as máscaras nestes días de festexo.

Mandianes lembrou cando de pequenos se disfrazaban na súa aldea natal e entraban ás casas e roubaban chourizos ou increpaban ás mulleres. Fixo fincapé tamén na solidariedade dos pobos que co pouco que tiñan nas súas casas sempre convidaban ós enmascarados por exemplo a un anaco de pan con cebola. "O importante era que se unían todos os pobos por unha vez e todo con xente descoñecida porque iamos coa cara tapada e ninguén sabía quen ía vestido de ferreiro, ninguén sabía quen era quen", apunta Manuel.

Sinalou que era un momento de gozo, no que se podía facer uso dunha liberdade que non existía noutra época do ano e que eso aínda se mantén agora.

O antropólogo reflexionou sobre o Entroido e a súa conexión co mundo dos mortos. "O enmascarado é alguén que ven doutro mundo que é para nós descoñecido, os únicos que son libres porque non están sometidos as nosas leis e normas", resaltou. Mandianes sinalou que era común que os antepasados da cultura occidental botasen fariña sobre a cara dos defuntos por considerar que tódolos seres do máis alá son brancos. Neste senso resalta a conexión coas máscaras de Entroido que a maioría teñen a cara de cor branca e que antropolóxicamente sempre se relacionaron con seres que veñen doutro mundo.

Establecendo esas conexións con épocas pasadas, Mandianes deixa claro que o Entroido non foi algo inventado para ter unha época de liberdad, senón que existe dende sempre. Así mesmo apuntou que hoxe en día esta celebración xa está máis controlada, en parte pola influencia da Igrexa e a política. asistentes

O de Loureses compartiu estes e outros saberes cos asistentes entre os que se atopaban veciños e veciñas da Limia así como representantes do mundo da política.

Esta tarde participará noutro foro semellante que desta volta terá lugar en Verín.