O Entroido ourensán demostra que “xunguir non é esmorecer, senón medrar”

Xunguir non é esmorecer
O Entroido ourensán demostra que “xunguir non é esmorecer, senón medrar”
Unha exposición fotográfica de Rita Blanco reúne imaxes de Pantallas, Felos e Vergalleiros no Castelo de Maceda REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia “Xungir non é...

Unha exposición fotográfica de Rita Blanco reúne imaxes de Pantallas, Felos e Vergalleiros no Castelo de Maceda

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

“Xungir non é esmorecer, senón medrar”  este é o título escollido para a exposición de instantáneas que Rita Blanco Fernández tomou nunha xuntanza de Pantallas, Felos e Vergalleiros celebrada en Murcia. Unhas fotografías nas que se pode apreciar a beleza e singularidade de cada figura así coma os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha. Unha exhibición que se inaugurará o vindeiro sábado día cinco, no Castelo de Maceda nun acto que combinará fotografía, gastronomía e música.

Rita Blanco presentará a fin de semana que vén, unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas. Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e “apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán”. Como complemento das fotografías, colocaranse tamén un traxe e unha máscara de cada un dos personaxes. Despois da inauguración da exposición que conta co apoio da Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda, e dentro da terceira edición das xornadas de Fado e Gastronomía terá lugar unha cea, e para rematar a xornada a actuación da fadista María do Ceo.

A idea para esta exhibición que permanecerá no Castelo ata o vindeiro 13 de abril, xurdiu tamén na comunidade murciana nunha Festa da Primavera que reuniu a Pantallas e Felos e na que os seus asistentes aseguran que “se deron conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía, pero que ningún é mais ca outro”. “Os galegos ao estar fora sempre temos morriña e as relación fanse máis intensas polo que xurdiu un gran entendemento”, explicaban os protagonistas daquela xuntanza que foi xermolo desta iniciativa.

Para máis información ou reservas: info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono 988 463 367.